SAÚDE AUDITIVA

 

APRENDERÁS...

Na nosa profesión, tanto músicas como técnicas, estamos expostas a altos niveis de SPL durante prolongados períodos de tempo. E por isto, polo que si non cuidamos a nosa principal ferramenta de traballo (os oídos) podemos acabar sufrindo perdida de audición e algunha enfermidade crónica e irreversible.

Neste curso ímosche dar unha serie de pautas e bos hábitos a seguir para que a nosa saúde auditiva non se vexa mermada por causa dos longos e ruidosos ensaios ou bolos.

Empezaremos por explicarche como funciona o noso oído e canto volumen pode aturar e durante canto tempo.

Saberás cales son as ferramentas exeitadas para protexerte de altos niveis de SPL.

Por último falarémosche do que son os acúfenos e do que te pode levar a sufrilos para que podas evitalo a toda costa.

Ao final do curso saberás como afrontar tanto bolos como ensaios de cara a preservar a saude dos teus oídos.

COMO

FUNCIONA

Para comprender qué pasa cando se perde audición, debemos saber primeiro cómo funciona o oído. Dito dun modo moi simple, o teu oído é un órgano que convirte as ondas de son que están no aire en información no teu cerebro e, ás veces, incluso en emocións.

O oído pode percibir desde sons apenas audibles ata sons moi fortes, así como diferenciar o volumen e a distancia e identificar a dirección dunha fonte sonora con moita exactitude.

O oído externo está formado polo pabellón auditivo, que funciona como unha especie de embudo que recolle as ondas sonoras e diríxeas hacia o interior do oído, e o canal auditivo. O pabellón auditivo é de gran importancia, xa que se encarga de compensar a presión que existe no exterior del oído coa presión que existe no interior, que é moito maior xa que o aire está comprimido. Despois de entrar no pabellón auditivo, as ondas dirixense cara ao tímpano polo conducto auditivo.

O oído medio atópase entre o tímpano (unha membrana que delimita o conducto auditivo do oído medio) e a ventana oval. Está composto por tres osos (o martelo, o iunque e o estribo), que son os encargados de transmitir os movementos do tímpano á xanela oval, que é unha membrana que recubre a entrada á cóclea no oído interno.

Finalmente, no oído interno, concretamente na cóclea, ten lugar a transformación das ondas sonoras en impulsos eléctricos que se envían ao cerebro. Esto faise a través do nervio auditivo. No oído interno atópanse tamén as células ciliadas. Os danos nas células ciliadas, precisamente, son unha das causas mais comúns das pérdidas auditivas.

OÍDO

HUMANO

 

COMO COIDAR OS OÍDOS

No gráfico amosámosche o nivel en dB´s de de ruído que producen certos aparellos comúns da nosa vida diaria e outros que non son tan comúns. En cifras vermellas podemos ver o tempo que podemos estar expostos a eses ruídos sen que estes resulten lesivos para a nosa saude auditiva. A seguinte ligazón levarate a un completo artigo da organización mundial da saude que che recomendamos encarecidamente ler xa que está repleto de información relevante e definitiva.

listening (1).png
 

AUDIOMETRÍA

¿Que é unha audiometría?

A audiometría é unha proba que permite evaluar a capacidade do sistema auditivo do oído co obxetivo de determinar si unha persoa oe ben. O oído humano pode percibir sóns con frecuencias que oscilan entre os 20 e os 20.000 hertzios.

¿En qué consiste?

A exame divídese en audiometría tonal e verbal. Na audiometría tonal evalúanse a vía aérea e a vía ósea, que en ambos casos implica a exploración dos dous oídos de maneira separada, co paciente no interior dunha cabina insonorizada e cerrada herméticamente. Na audiometría aérea, o individuo debe colocarse uns auriculares e, a continuación, o especialista reproduce unha serie de sóns de maior a menor volumen ata que sexan inaudibles. O último son percibido determina o umbral auditivo, e decir, ata qué intensidade e capaz de oír o paciente nunha determinada frecuencia. Na inspección da vía ósea, colocase un vibrador detrás da orella do paciente, no mastoides, por onde recibe o son.

A audiometría verbal realizase tamén co paciente nunha cabina e con auriculares, pero en vez de son emitense palabras a diferente volumen que se deben repetir de maneira exacta.

actividade

otoscope.png

A seguinte ligazón lévate a un sitio donde podes evaluar o estado da suade auditiva. Ollo!, en ningún caso é sustitutiva dunha audiometría profesional que por certo che recomendamos encarecidamente que fagas anualmente porque E GRATIS e moi necesaria. Cando remates esta actividade colga os resultados no apartado correspondente do foro facendo un pantallazo do correo que che van a enviar.

 
 

ACÚFENOS

O tinnitus, tamén chamado acúfeno, consiste na percepción de ruidos ou zumbidos no oído. Estes sóns non existen fora dos oídos e so os pode percibir a persoa afectada.

Aínda non se sabe con exactitude cal é a causa do tinnitus, sí se comprobou que a exposición a ruidos, ademais da enfermidade de Menière, o estrés, as infeccións de oído medio, a idade, o tabaco e o alcohol entre outros poden contribuir a aparición do tinnitus.

O tinnitus non é unha enfermidade, senon que con frecuencia é un síntoma de que a cóclea ou nervio auditivo sufriron danos. Calculase que aproximadamente un 10 % da poboación sufre tinnitus. A maioría das personas con acúfenos non lles molesta o ruido na sua vida cotidiana, senon que só o perciben en ambientes silenciosos.

Sin embargo, para outras persoas, o ruido causado polo tinnitus é tan molesto que acaba afectando á sua calidade de vida, moitas veces porque oen o son continuamente e outras polas consecuencias psicolóxicas que ten, como por exemplo as dificultades á hora de concentrarse e de durmir e a ansiedade e o malestar continuo. Existe tamén unha relación entre depresión e acúfenos e calculase que aproximadamente a metade dos pacientes con acúfenos sufre depresión.

Por que nos importa moito todo aquelo que queiras comentarnos e cales son os teus coñecementos e experiencias. Pásate polo foro e deixa alí as túas aportacións sobre o tema

Contacta se precisas axuda 
arrow&v