The%20vibe_edited.jpg

PRODUCCIÓN de MúSICA electrónica 1

scroll down

 
 

Conceptos Básicos

Existe certa confusión sobre cal é o traballo dun productor musical ou cales son as suas funcións. Dita confusión en parte ven dada pola chegada de novas tecnoloxías e por tanto novas formas de traballar e novos estilos musicais.

Tradicionalmente, a figura dun productor musical sempre estará ligada á persoa que participa en tódalas etapas de creación dun disco: Preproducción e elaboración do presuposto, Gravación, Overdubs ou gravacións adicionais, Edición, mezcla e masterización.

Según palabras dun dos mellores productores da historia (Rick Rubin). "Un productor musical convirte ao artista en producto"

Pero, coa revolución que supuxo a chegada da tecnoloxía dixital ao estudo de gravación, e os novos estilos musicais que esta trouxo consigo. Transformou os estudos de gravación en home studios cunha inversión infinitamente menor a feita naqueles carísimos aparellos analóxicos. A figura do productor musical veuse tamén afectada pasando a semellarse mais a un "creador musical" que se ocupa de tódalas capas do proceso: composición, gravación, mezcla, mastering, promoción, distribución, management, deseño.

Queremos centrarnos neste curso na figura deste "Todo en un".

EVOLUCIÓN

Existen diferentes constantes que se repetiron ao longo da historia, e unha delas é o noso desexo de compartir música. 

Sin embargo, o cómo compartimos a música cambiou grazas á revolución da tecnoloxía. Torpe e de gran tamaño, a gravadora de cinta de catro pistas utilizouse para gravar bandas como The Beatles. Có paso dos anos, os dispositivos de gravación volveronse mais pequenos e asequibles, como por exemplo o Walkman. Outros sistemas melloraron a complexidade e os matices da gravación, como por exemplo, o Midi.

Mentres fai uns anos compartir música dependía do dispositivo, actualmente compartir música é mais fácil grazas ao software e sobretodo, a internet. Napster empezou esta revolución que continúa grazas a plataformas como YouTube.

A continuación deixamos un gráfico da Universidade de Florida, con mais detalles sobre cómo evolucionou a forma de compartir e gravar música ao longo do tempo.

 

MICROFONÍA

Tocamos este tema no curso sobre como gravar unha demo decindo que é unha das escollas mais difíciles devido á gran cantidade de modelos que hai no mercado e a diferencia á hora de captar son entre uns modelos e outros. Por outra parte, é moita a informacion que podemos atopar sobre as características e o funcionamento dos micrófonos. Coa información das ligazóns que che facilitamos esperamos dar respostas a tódalas dúbidas que che xurdan á hora de escoller o micro mais apropiado para os teus propósitos.

Na seguinte ligazón axudamosche, de xeito didáctico e sinxelo, a escoller o mellor micrófono dacordo ás tuas necesidades.

microphone.png
microphone.png

Para as que queirades mergullarvos en profundidade no apaixoante mundo dos micrófonos e sabelo todo.

​Páxina donde se recolle información sobre tódolos modelos de microfonos que existen. Si, escoitaches ben, TODOS. (Precisa rexistro)

microphone (1).png

INTERFAZ DE AUDIO

A seguinte ligazón lévate ao noso curso adicado exclusivamente a este tema

MONITOREO

Un altofalante de estudo é unha das partes mais importantes do Home Studio. Sirven como referencia para poder facer comparacións entre as tuas produccións e as produccións comerciais. Uns altofalantes de estudo caracterizanse por poder ofrecer un son plano. Non ofrecen realce algun en ningunha frecuencia en comparación con altofalantes Hifi o Pro.

Uns altofalantes de estudo son capaces de reproducir o gravado podendo crear posteriormente mezclas que sexan claras e sobre todo que se escoiten ben en cualquer sistema, xa sexa en altofalantes Hifi  o altofalantes de coche.

monitores-de-estudio-guia-completa-porta

ORDENADOR

Un ordenador para producir música é o teu primeiro paso para facerte co teu propio estudo caseiro.

Os ordenadores para a producción de audio nunca foron tan accesibles.

De feito, si estás lendo esto no teu ordenador portátil ou de escritorio, probablemente este teña suficiente potencia para comenzar a facer música.

Pero si non sabes por dónde empezar, elexir un ordenador require certo traballo de investigación.

Si vas a mercar ou a ensamblar os teus equipos específicamente para facer música, hai algúns factores importantes a considerar para obter os mellores resultados de cara á producción de audio.

Este primeiro video axudaráche a escoller o mellor ordenador para as tuas neesidades. 

Falamos agora doutra controvertida decisión a tomar que xenerou cantidade de debates e regos de tinta: Mac ou Windows?

 

D.A.W.

(Digital Audio Workstation)

Xa falamos do que debe ter un ordenador para gravar e tamén sobre as interfaces de audio, micros e moinitores. Capítulo aparte agora para o software multipista editor de audio e MIDI. Falamos de que DAW escoller según os teus propósitos.

Antes de escoller un DAW, primeiro deberías saber para qué sirve. DAW significa «digital audio workstation». É un software que nos permite gravar, editar, mezclar e, algúns, ata masterizar pistas de audio ou instrumentos virtuais por medio do MIDI.

Calquer DAW sirve para traballar calquer aspecto da producción musical pero hai algúns que sobresaen en certas tarefas. FL studio, por exemplo, fíxose moi famoso entre productores de xéneros urbanos pola sua facilidade para crear beats.

Ableton Live é moi respetado entre productores de música electrónica, Audacity e o preferido dos podcaster. Cubase, Logic y Reaper son os mais usados en Home Studios e Pro Tools y Nuendo quedaron como os estándares da industria en canto a estudos de gravación profesional.

¿CAL ESCOLLER?

(GRATUITAS)

Captura de pantalla 2020-11-16 a las 18.

Para as que queirades empezar no  mundo da música electrónica co seu secuenciador bandeira, esta é unha versión que non se vos debe  escapar. Aínda que tén as suas limitacións, conta con todos os instrumentos e efectos da versión mais potente de ableton que non són nin moito menos poucos. Entre as suas limitacións están un nímero limitado de pistas (tanto de audio como de MIDI), número limitado de esceas e as función de exportar e gardar desabilitadas. Aínda así, é unha estupenda maneira de empezar e coñecer o software.

Avenir Light es una fuente elegante ideal para diseñadores. Es una excelente fuente para títulos, párrafos y más.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

ProTools First é o suficientemente sinxelo para os principiantes, pero tamén o suficientemente avanzado para músicos con experiencia. Con él podes compoñer, gravar, editar e mezclar música. 

Grava ata 16 pistas de audio, xa sexa unha por unha a través da entrada de audio do teu ordenador, ou ata catro entradas simultáneas a través dunha interfaz de audio USB, o que facilita por exemplo capturar a voz e a guitarra, varios vocalistas ou unha improvisada jam session.

Na ligazón levámoste á páxina oficial do producto para que o podas descargar. Atoparás tamén todo a info e útiles tutoriais para dar os teus primeiros pasos no software.

descarga.png
images.png

O secuenciador insignia da potente marca "Presonus" mais coñecida no mundo da producción por fabricar interfaces de gran calidade chega na sua versión gratuita pouco despois de que ProTools lanzase o seu "First". De tódolos secuenciadores gratuitos dos que estamos a falar, quizá este sexa o mais recomendable devido a que é o mais completo e o que menos restirccións tén. Podédelo descargar e aprender mais sobre el na sua web oficial facendo click na ligazón.

Non nos deixemos engañar pola sua sinxela interfaz gráfica. Audacity, é un secuenciador á altura de calquer outro en canto a calidade e motor de audio. Tamén é totalmente gratuito e conta coa ventaxa sobre os demais de ser open source e multiplataforma o que o fai un caramelo para usuarias de Linux. Aprende mais sobre Audacity e descargao na sua web oficial.

descarga.jpeg
Captura de pantalla 2020-11-16 a las 20.

O DAW gratuito desenrolado por Apple fixo mais por democratizar a producción musical que casi calquer outro DAW.

A accesibilidade e facilidade de uso son os seus principais puntos. Incluso pode sorprenderte saber qué éxitos se fixeron en él tendo en cuonta que é un programa gratuito que ven con todas as versións de Mac Os.

Pero, ¿por qué GarageBand e bo?

O diseño xeral é sinxelo e fácil de usar. Cando se agrega un instrumento realmente ves o instrumento na lista (¡qué concepto!).

Todo o tracking e simple de entender e os loops, a automatización e os instrumentos son fáciles de navegar e buscar en todo momento.

Non importa o que estés grabando, GarageBand facilita crear e axustar calquer proxecto.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

¿CAL ESCOLLER?

(DE PAGO)

A día de hoxe, hai unha enorme cantidade de secuenciadores DAW no mercado e basta información de cada un deles na web. O que che deixamos a continuación é a nosa selección baseada en criterios de calidade e oferta. Nas tuas máns queda o necesario traballo de investigación e reflexión sobre cal é o que mais se adapta ás tuas necesidades baseandote no fluxo de traballo de cada un deles xa que, no que se refire a calidade de audio, hoxe por hoxe, as diferencias entre eles son prácticamente inexistentes. As ligazóns que che deixamos a continuación lévante ás páxinas oficiais dos productos donde podes descargar os manuais de cada un deles xa que, ao noso entender, é a mellor fonte de información que se pode proporcionar.

Mellor opción CALIDADE-PREZO, por isto é a nosa primeira referencia. É un DAW potente, completo e adaptable sin compromisos de enxeñería.

Vén con unha proba gratuita de 60 días, mentras que unha licencia individual costa 60€ (nada mal). Inclue moitas ferramentas útiles ademais de tutoriais en vídeo claros e útiles.

A interfaz é unha ventá de arranxo multipista liñal nunha liña de tempo. A vista de disposición ofrece elementos multimedia fácilmente movibles.

Captura de pantalla 2020-11-16 a las 20.
Captura%20de%20pantalla%202020-11-16%20a

Lanzado alá polo 2001, Live vai agora pola sua undécima versión. Así que, neste punto, como te podes imaxinar, a maioría das características están ben pensadas e implementadas. As vistas principais básicas de ‘arranxos’ e ‘sesións’ son fáciles de seguir e intuitivamente enlazadas para facilitar a edición e a composición. Sempre (incluso nós) se falou de Ableton como un secuenciador orientado á música electrónica o cal non é de todo mentira. Pero a realidade e que a día de hoxe calquer estilo é posible no fluxo de traballo de Ableton.

Studio One 3 é un titán dos DAW. Eles describen o seu software como "a ferramenta de diseño de son e producción mais inspiradora." Francamente, non estamos para nada dacordo e parécennos unhas palabras bastante pretenciosas debido á grandeza de algún dos seus competidores. Aínda así, non hai que restarlle nada de mérito a este gran secuenciador de "Presonus".

presonusstudioonedark1024x768px.jpg

Pro Tools de Avid é o avó dos DAW. Considerase o estándar da industria para produccións profesionais. Si o escoitaches na radio, o mais probable é que pasara por Pro Tools nalgún momento.

A primeira versión de Pro Tools foi lanzada en 1991. Contaba con 4 pistas e vendíase por 6.000$. Non é preciso decir que percorreu un longo camiño desde entón.

Pro Tools vai agora pola versión 12 e proporciona todas as ferramentas que precisas para cada paso do teu proceso de producción. 

Logic X é a última versión do DAW de nivel profesional desenrolado por Apple.

Orixinalmente lanzado en 1993, Logic executase no mesmo motor que GarageBand. Pero ofrece características ampliadas en comparación co seu compañeiro de software de producción musical.

Mentres que a maioría dos softwares de música utilizan un diseño de múltiples vistas, Logic simplifica o seu espazo de traballo optando por unha vista de unha soa ventá. Isto fai que a composición, o arranxo e a mezcla sexan sinxelos porque todo está nun só lugar.

Captura de pantalla 2020-11-16 a las 21.

PRO TOOLS

¿ESTANDAR?

Capitulo aparte para este secuenciador considerado por moitas como o estandar do mercado por distintos motivos. Un deles, pode estar relacionado con que foi o primeiro de todos en sair ao mercado. Para nós tamén o é pola sua maneira de interna de funcionar e por como se conectan (de xeito virtual) os seus distintos dispositivos emulando as mesas analóxicas que te podes atopar en calquer estudo de gravación. No seguinte video contéstanse  varias dúbidas ao respecto.

ABLETON

¿QUE O FAI DIFERENTE?

Un dos probables motivos que fai de Ableton un secuenciador diferente é que ten nha interfaz mais zen que o xardín do Dalai Lama. Sencillez, pulcritude, minimalismo e vanguardismo son as primeiras impresións que recibes ao abrir este software, ten a usabilidade dunha App de móvil e potencia digna dun estudo mais que profesional.

Outro dos aspectos que mais se agradece e a sua usabilidade, unha vez entendes o concepto de cómo está estructurado e te acostumbras a él, o comportamiento é do mais natural. En poucos clicks acadamos gran parte das tarefas comúns que precisamos para desenrolar unha idea.

O seguinte artigo fai un superficial repaso polas distintas funcións do software e os seus dispositivos e axudanos a ter unha boa información de cara a decidir se este é o noso DAW ou non.

Guía-Ableton-Live.png

MIDI

Na música haI infinidade de cousas complicadas. Pero non precisas aprendelas todas. Simplemente porque non son útiles para o teu proceso creativo… Por exemplo, si eres productor de EDM, ¿para qué aprender a tocar o banjo?

Sin embargo, sí que hai cousas que TODO productor precisa coñecer. Como el MIDI.

Esta versátil ferramenta permitech facer infinidade de cousas no estudo.

As siglas MIDI corresponden a Musical Instrument Digital Interface (Interfaz Digital de Instrumentos Musicais). É unha linguaxe que permite a ordenadores, instrumentos musicais e hardware comunicarse entre sí. O protocolo MIDI inclúe unha interfaz, unha linguaxe na que se transmiten os datos MIDI, e as conexións necesarias para a comunicación entre elementos hardware.

O MIDI foi desenrolado a principios dos 80 a fin de estandarizar a comunicación entre as diferentes pezas de hardware musical. A día de hoxe non se lle fixo ningunha modificación a dito protocolo, o cal di moito da sua estabilidade e fiabilidade.

Ikaturo Kakehashi, fundador de Roland, propuxo en 1981 a idea de crear unha linguaxe instrumental estándar ao resto de grandes fabricantes, como Oberheim, Dave Smith Instruments e Moog.

Durante os siguientes anos, representantes de tódalas grandes compañías de hardware colaboraron para crear o MIDI.

Seremos claros, porque é un erro moi común. O MIDI NON transmite sinais de audio.

O MIDI son únicamente datos. Un conxunto de instruccións que as máquinas usan para falar.

Os secuenciadores gravan a información transmitida vía MIDI. EN NINGÚN CASO gravan un sinal de audio real. Por iso as secuencias MIDI aparecen no teu "piano roll" como rectángulos.