The%20vibe_edited.jpg

Neste curso aprenderás cales son os pasos a seguir para gravar unha demo convincente e cal é o material necesario para poder facelo sempre coa vista fixa en gastar os menos cartos posibles.

Ola a todas. Unha boa forma de preparar unha gravación ou un directo é gravar unha boa demo para probar cousas e saber cómo vai soando a cousa. Si o fecedes ben (o cal require práctica e certa preparación) pódevos servir incluso de referencia para o estudo de gravación. Gravar unha demo é un proceso relativamente sinxelo e a o meu entender moi gratificante que podedes facer nas vosas casas ou locais de ensaio. Aquí van unhas axudiñas para que podades facelo ben.

¿como?

 
 

¿QUE PRECISO?

ORDENADOR

Calquer ordenador mais ou menos actualizado vos pode servir, aínda que é recomendable que non teña demasiadas chorradas instaladas. Tamén se podería facer con un grabador portátil, pero para editalo será mais cómodo facelo con un ordenador.

DAW (Digital Audio Workstation)

Calquer software de gravación e producción musical ou DAW: Se xa tedes algún instalado co que esteñades familiarizados, perfecto!!! Pero lembrade que hay algúns deles que son gratuitos e son unha fantástica opción, incluso me atrevo a decir que son tan boa opción como algún de centos de euros que pulula polo mercado. Non me cansarei nunca de recomendar "Reaper", Facendo click na figura lateral leveravos á páxina de descarga donde ademias, poderedes descargar o manual e ver varias ducias de video tutoriais. Si sodes de Apple, teredes instalado xa GarageBand. Outra boa opción sería Pro Tools First, é unha versión reducida e gratuita de Pro Tools pero para poder traballar con el dependeredes dunha conexión wifi. eu sempre recomendo que usedes software legal, a parte de que é o correcto, e mais estable. Hai multitude de software gratuito de gran calidade, aproveitadeo.

INTERFAZ DE AUDIO

Unha tarxeta de son ou interface de audio: Nesta mesma escola temos un curso no que damos longo percorrido ao mundo das interfaces de audio donde che explicamos que son, para que sirven, o seu correcto manexo e tamén che axudamos na elección da ideal para os teus propósitos. Recoméndoche que non perdas detalle. Facendo click no botón poderas acceder a dito curso.

Aquí teredes que elexir según as vosas necesidades. Si non precisades gravar moitas cousas  á vez, valeravos calquer tarxeta que teña un par de previos e algunha entrada de instrumento.

AURICULARES

Uns auriculares decentes: Precisaredes escoitar o que estades gravando sin que se cole polos micros, así que o ideal e contar con uns auriculares que sexan fieis á gravación. AKG e Sennheiser teñen uns cantos modelos baratos.

MICRÓFONO

Para mín sen dúbida a elección mais complicada de todas. Xa non pola infinidade de modelos que hai no mercado senon polo complicado que pode chegar a ser entender as características de cada un en base á sua construcción e os propositos para os que os queiras. Chegados a este punto, o meu consello e que teñas a mán un amigo técnico ao que facerlle este tipo de consulta. Sorte que como membro do local de música xa o tés!!!.

Dependendo do que precises gravar, deberédes elexir o micrófono adecuado. Probablemente vos sirva algún dos que tedes no local, pero seguro que precisaredes algún mais. Non debemos descartar nunca a opción do aluguer, xa sexa nunha tenda ou a algún amigo que teña o que precisas.

CABLES

Cables decentes: Precisaredes uns cables bos e en bo estado. Vale a pena invertir neles, xa que sempre van a durar mais e a dar menos problemas que os baratos.

 

XA PERO...¿COMO?

ENSAIO

Voltamos ao lóxico... Canto mais ensaiado o teñades, mais rápido o gravarédes. No local de ensaio non é tan necesario pero nun estudo de gravación o tempo é ouro.

METRÓNOMO

Tocade con claqueta: Si non o fixestes nunca, é bastante difícil afacerse a ela. Intentade gravar con claqueta de primeiras é horrible, e convertirá esa gravación nun pesadelo. Afacerse a tocar así non é cousa dunhas horas, por desgracia. Tardaredes bastante, pero cando vaiades a gravar a estudio precisarédelo, así que o tempo que invirtades valerá a pena.

APRENDEDE A USAR O DAW

Dedicade un pouco de tempo a trastear o software e a tarxeta de son. Hai maravillosos cursos na nosa aula virtual que vos poden axudar moito. Coñecer o software axudaravos a que a gravación sexa mais rápida, e despois poderedes editar un montón de cousas e probar sons. Non e necesario que gastedes unha pasta en software, hai moitísimo soft gratuito de calidade que podedes utilizar.

ACÚSTICA

A acústica do sitio donde ides a gravar é importante: Unha acústica decente no voso local de ensaio favorecerá non so a que a demo saia mellor senon a que tamén vos escoitedes mellor nos ensaios. Matar paralelismos entre paredes, meter algún absorbente piramidal, un sofá, etc, axudará a que soe todo un pouco mellor. O ideal sería que pedirades axuda a alguén que sepa facelo, non precisades unha análise a fondo da sala e deixarvos unha pasta, pero si vo lo currades un pouco ao estilo caseiro, pódevos quedar bastante ben.

NON PRECISADES GRAVAR TODO Á VEZ

Pode que vos sexa mais fácil gravalo por separado. Si o gravádes todo á vez, precisaredes ter unha tarxeta de son con bastantes entradas para que vos poda servir. Si o gravades por partes, con calquer tarxeta que teña un par de previos de micro poderédelo facer. Gravade primeiro unha base de guitarra e voz, por exemplo, e despois metedelle o demais. Se se vos fai moi complicado gravar a batería, utilizade instrumentos virtuales. Non soará nunca como unha boa batería real ben afinada, pero serviravos e seguramente soará mais limpo. O mesmo pasa con guitarras e baixos, pode que vos sexa mais sinxelo gravar por liña e meterlle algún emulador despois. Iso axudaravos tamén a probar sons, si o material que tedes non vos convence de cara a unha gravación en estudio.

PEDIDE CONSELLO

Si queredes gravar as vosas demos, pero non tedes claro cómo, ou precisades mercar material, non vaiades a cegas. Si o fecedes pode que vos equivoquedes e tirédes os cartos á basura. Contratade unha asesoría técnica, e nunha tarde ensinaranvos cómo facelo e qué material vos vai mellor. Ás veces para aforrar algo é preciso invertir un pouco.

GRAVA

 

BATERAS

Si, é definitívamente posible gravar un set completo de batería axudándose de un par de micros. Non so é posible senon que se poden acadar resultados mais que convincentes. Por suposto que a calidade dos micros que empreguemos vai a ser definitiva, pero con dous micros de gama media xa podemos obter unhas boas tomas para empregar na nosa demo. Non olvidarse tampouco da posibilidade de alugar ou pedir prestado.

Ademais, á hora de mezclar e moito mais facil con só duas pistas que con oito ou nove.

CON

 

DOUS

 

MICROS

COMO GRAVAR GUITARRAS E BAIXOS

No curso de tarxetas de son, xa falamos da boa relación calaidade-prezo das tarxetas que temos no local de música. Aprende neste tutorial distintas técnicas que podes empregar na gravación de guitarras e baixos eléctricos.

GRAVACIÓN DE VOCES

O proceso de gravación vocal non ten demasiados segredos en sí. Consiste realmente nunha suma de procedementos que nos permiten ter voces de calidade como materia prima para traballar no resto do proceso da producción vocal.

Aprenderás cómo gravar voces profesionais repasando os fundamentos das produccións profesionais que son aplicables ás do homestudio: dille adeus ás voces frías, opacas e distorsionadas.

Por que nos importa moito todo aquelo que queiras comentarnos e cales son os teus coñecementos e experiencias.Pásate polo foro e deixa alí as túas aportacións sobre o tema.