The%20vibe_edited.jpg
 

APRENDERÁS

¿Quén falará por ti ante o mundo? ¿quen tomará decisións sobre o proceso creativo? ¿quen tomará a decisión de firmar con este selo ou o outro? ¿quen será o relacións públicas da banda? ¿por que non firmar un acordo interno que estableza as reglas do xogo?. Na historia da música houbo sonoras rupturas e disolucións de bandas que se podían haber evitado con un acordo escrito adaptado ás suas circunstancias. Axudámosche a enfrentarte a este tipo de decisións.

Aprenderás tamén a conseguir concertos como banda emerxente e facilitaremosche unha serie de apps para planificar a tua carreira

 

ESTRUCTURA

Moitos de vós conformastes o voso grupo baseado en lazos de amizade mais ou menos sólidos que desexamos que funcionen, pero, si sucede que sodes solistas e estades pensando en formar un grupo de música profesional ¿que pasos debedes seguir para facelo? ¿Como atopar aos profesionais que te acompañen na aventura? ¿que facer cos membros que non dan a talla? ¿ Como levas os ensaios a un novo nivel?. Explocámosche como montar unha banda profesional e afondamos en aspactos do management musical con unha práctica lista de verificación sobre a estructura dun grupo musical.

 

CONTRATO DE GRUPO

Ese excitante momento no que decidides deixar de ser so un grupo de amigos que tocades xuntos para convertirvos en auténticos profesionais do sector. Ese momento no que aínda non xurdiron controversias e donde as cousas se fan dende a total anticipación. Ese, quizais, sexa o momento de redactar un documento interno para consensuar cousas. E, por que non, igual ata facelo diante dun abogado especializado. O porqué e o como de todo isto nas seguintes ligazóns.

 

Dereitos editoriais

O mundo da música ten as suas propias reglas, actores e mecanismos de actuación. Por tanto, á hora de entrar en xogo na industria musical, ai moitos aspectos a ter en conta. Un deles é a famosa propiedade intelectual. Imos a explicar qué é e cómo funciona dentro da industria da música.

 

APPS DE XESTIÓN

Usando certas tecnoloxías, os artistas poden recibir información valiosa dos seus fans, con tan solo un clic os fans poden crear (ou pensar que crearon) unha conexión mais profunda con un artista en particular.

Hoxe en día, xa ai toneladas de aplicacións para os usuarios de iPhone e Android que se centran exclusivamente na música, xa  sexa na distribución da música, o negocio da música, ou a conexión do fan-músico. E é con isto na cabeza que a continuación comentamos algunhas das principais aplicacións que están remodelando a industria da música hoxe en día:

 

CONSEGUIR

CONCERTOS

Xa tés cancións flipantes, un look asombroso e tal vez incluso grabacións decentes. ¿Que che falta?, tés que tocar en vivo, e iso significa que tés que conseguir bolos. Facer concertos é a mellor maneira de facer que a tua música sexa escoitada e crear unha base de fans. ¿Pero cómo os consigues? 

 

Por que nos importa moito todo aquelo que queiras comentarnos e cales son os teus coñecementos e experiencias. Pásate polo foro e deixa alí as túas aportacións sobre o tema