¿ Qué e backline ?

Supoño que todos os músicos e técnicos de son están familiarizados con este termo, pero por se alguén non o ten claro a resposta e ben clara: por backline ou «líña traseira» enténdese todo aquel instrumento ou obxeto que os músicos utilizan no escenario para poder facer o seu show. Sobre todo, entendese por backline: a batería, os amplificadores de guitarras e baixos, os instrumentos musicais, as pedaleras, etc…

Pero tamén se entende por backline aqueles obxetos que utilizan para facilitarlles a tarefa como atriles, mesas, flight cases, bar stools (taburetes de bar), ventiladores, etc.

Na fronteira entre ser backline ou frontline estarían os monitores, micrófonos e todo o que sirve tanto para que o músico poda oírse no propio escenario como para que o público o escoite.

A P.A. (public address), como  o seu nome indica, diríxese aos espectadores e o seu cometido e que o público escoite o concerto o mellor posible. Por esa razón aos músicos nas probas de son gustalles baixarse do escenario a comprobar como se escoita. Porque o que escoita o músico no escenario (backline) e o que escoita o público (frontline) casi nunca é o mesmo.

Si o teu mánager ou tú pola tua conta estás buscando donde tocar, e importante que incluas as especificacións de backline no teu rider técnico. E posible que a organización conte con él, pero polo xeral non e así.

Si como banda emerxente estades buscando eventos a través dun promotor ou axencia de booking, e moi probable que os gastos de backline corran pola vosa conta. Si o promotor ou axente de booking vos contacta para participar no seu evento, él deberá cubrir eses gastos. 

Neste módulo aprenderás a manexar o backline do Local de Música con total seguridade e sen risco de danos. Este curso céntrase case esclusivamente nas equipas específicas que te atoparás ao vir a ensaiar con nós.
 
 

¿Como conecto a guitarra?, ¿para que sirvén todos estes potenciometros?,

¿como busco este son concreto?. Aprende a usar o ampli de guitarra con seguridade.

Os ampis do local de música dispoñen de un montón de emulacións, efectos e presets, sabíalo?. Aprende como chegar a eles e programalo sen perder tempo e atopa o teu son.

"¿Válvulas ou transistores?". E unha pregunta frecuente á que nos enfrentamos cando imos mercar un ampli pero, ¿que son?, ¿para que sirven?, ¿en que se diferencian?. Tratemos de disipar esas dúbidas.

PROPOSTA DE EXERCICIO

Pon un disco do teu guitarrista preferido. Usando so os potenciometros de ecualización trata de achegarte o máximo posible ao son da sua guitarra. (si toca con distorsión podes usala ti tamén).

 

¿Que diferencia hai entre ganacia e volumen?, ¿por que o meu ampli non ten control de medios?, ¿como ecualizo para acadar ese corpo?. Estas dúbidas e outras resoltas neste tutorial.

Sabemos que á hora de elexir que ampli vas a mercar as dúbidas son moitas. Axudámosche na investigación previa á compra dun amplificador de baixo. Outro interesante artigo para viaxar entre transistores e válvulas.

PROPOSTA DE EXERCICIO

A proposta é básicamente a mesma que no capítulo anterior: Pon un disco do teu baixista preferido. Usando so os potenciometros de ecualización trata de achegarte o máximo posible ao son do seu baixo. (si toca con distorsión podes usala ti tamén).

 

A orixe dos sintetizadores atópase a principios do século 20. Feito realidade en diferentes artefactos moi experimentais e rudimentarios como o Theremin.  Non e ata a década dos 60 cando de forma simultánea, duas persoaxes dan a luz os seus instrumentos de forma comercial: Bob Moog e Don Buchla.

Con aproximacións moi distintas, a primeira delas con un obxetivo mais musical. A Segunda con un marcado carácter experimental. En esta primeira etapa, tratábase de sistemas modulares moi costosos .

Producidos estrictamente baixo pedido, de tamaño xigante. Definitivamente so para uns poucos afortunados ou institucións como universidades ou laboratorios. 

A pregunta do millón que nos facedes sempre no local: ¿como se cambia de preset (son) no Yamaha? contestada neste video. E posible que non che resolva tódalas dúbidas pero na seguinte ligazón deixamos o manual que sempre recomendamos ler.

PROPOSTA DE EXERCICIO

Despois do aprendido, cando voltes pola Local de Música, cóntame como quitas a función "Arpeggio" e buscame un "preset" o mais parecido posible a un piano.

 
drum-set.png

Pensa que o teu instrumento acumula suciedade todo o día e iso pode afectar directa ou indirectamente no seu funcionamento, por iso, o mellor que podes facer e investigar que productos existen para poder limpalo da mellor maneira e facelo periódicamente.

Aínda que a batería e o instrumento con mais compoñente de ruído e mais atonal, a sua afinación e algo que non todos dominan. Aquí explicamos como afinar a batería de forma sinxela, e sen demasiados tecnicismos.

 

¿Por que no local somos moi fans dos míticos shure sm58?. Damos resposta nesta comparativa.

Algo que parece sinxelo pero que pouca xente chega a facer ben de todo, aprende a manexar os micrófonos.

Si a elección de calquer instrumento musical é difícil, a elección do micrófono idoneo para os teus propósitos pode ser un inferno devido á gran cantidade e variedade en torno a moi diversos critérios. A nosa recomendación e que estudies moito sobre o tema pero sobre todo que te poñas en máns de profesionais para que te asesoren. O que che deixamos a continuación e unha pequena guía orientativa para que teñas unha idea global deste apaixoante mundillo pero lembra que sobre micrófonos poderían escribirse e de feito escribíronse libros enteiros adicados.

Por que nos importa moito todo aquelo que queiras comentarnos e cales son os teus coñecementos e experiencias.Pásate polo foro e deixa alí as túas aportacións sobre o tema.
Contacta se precisas axuda 
arrow&v