DEFINICIÓN

O son, (do latín sonitus), en física, e calquer fenómeno que involucre a propagación en forma de ondas elásticas (sexan ou non audibles), xeralmente a través dun fluido ou outro medio elástico que esté xerando o movemento vibratorio dun corpo.

O son humanamente audible consiste en ondas sonoras que se producen cando as oscilacións da presión do aire, son convertidas en ondas mecánicas no oido humano e percibidas polo cerebro. A propagación do son e similar nos fluidos, donde o son toma a forma de fluctuacións de presión. Nos corpos sólidos a propagación do son involucra variacións do estado tensional do medio.

A propagación do son involucra transporte de enerxía sin transporte de materia, en forma de ondas mecánicas que se propagan a través dun medio elástico sólido, líquido ou gaseoso. Entre os mais comúns atopanse o aire e a auga. Non se propagan no vacío, ao contrario que as ondas electromagnéticas. Si as vibracións se producen na mesma dirección na que se propaga o son, trátase dunha onda lonxitudinal e se as vibracions son perpendiculares á dirección de propagación e unha onda transversal.

A fonética acústica concentra o seu interés especialmente nos sons da fala: como se xeneran, como se perciben e como se poden describir gráfica ou cuantitativamente

Si aínda te estás a preguntar que é unha onda mecánica. ¿Algunha vez has xogaches con muelles? Entón entenderalo á primeira.

Imaxina que tés un muelle moi longo e elástico. Cando axitamos un dos extremos, esa vibración vaise propagando ao longo do muelle ata chegar á outra punta. Pois exactamente o mesmo ocurre no aire: vivimos baixo un medio elástico. Cando algo vibra, axita as moléculas de aire que o rodean, esta oscilación vaise propagando a través do medio como si de un muelle se tratase. Cando esa vibración chega ao noso oído, nosoutros entendémola como son.

 
 

COMO

SE

XENERA

Poñamos un exemplo: imaxina que estás nun concerto plagado de xente, o típico no que non podes nin moverte do apretados que estades. Agora, unha persoa que tivo un mal dia, ponse a moverse e axitarse enérxicamente, empuxando a tódalas personas que o rodean. O mais seguro é que as personas que rodeaban a dita persoa se vexan empuxadas, e sin poder evitalo, empuxen tamén a outras persoas, transmitindo o movemento da persoa inicial. O empuxón vaise propagando dende a persoa hacia fora, de forma circular.

O son producese de igual maneira. As moléculas do aire serían os asistentes ao concerto, e a persoa que empuxa sería un corpo que vibra. Calquer obxeto, ao vibrar, empuxa as moléculas de aire que o rodean. Estas á súa vez, empuxan ás moléculas próximas, e así ata que chega ao noso oído.

Cabe decir que o noso rango de frecuencias audibles vai dende os 20 Hz a os 20 kHz. Ísto quere decir que para poder oír algo como son, o obxeto ten que estar vibrando a unha velocidade de 20 veces por segundo como mínimo. O noso oído é bo, pero ten algunhas limitacións.

E

PROPAGA

 

VELOCIDADE DO SON

O son non viaxa á mesma velocidade en tódolos medios. Igual que as personas, móvese mais rápido por algúns terreos que por outros. E moi curioso que o aire, o medio polo que estamos acostumados a escoitar, é un material polo que se propaga bastante lento en comparación con outros.

A velocidade do son no aire e de 343,2 m/s, ou o que é o mesmo, 1235,5 km/h.

Aínda que e unha velocidade moi alta, o ser humano consigueu superala, o que se coñece como superar a barreira do son. Xeneralmente, o son viaxa mais rápido nos sólidos que nos líquidos, e é mais veloz en líquidos que en gases. Pensao, ten sentido: as moléculas dos sólidos teñen ligazóns mais ríxidas e están moito mais pretas, polo que é mais sinxelo que propaguen a perturbación.

Por exemplo, a velocidade do son na auga é de 1.593 m/s ou 5.734,8 km/h. No aceiro, un sólido, é de 6.100 m/s, e decir, a frioleira de 21.960 km/h.

Dícese que no vello oeste, os bandidos que querían saber si estaba chegando o tren, poñían a orella na vía. Desta maneira, podían escoitar o tren a longas distancias moito antes, xa que o son viaxa moito mais rápido polo metal que polo aire. Concretamente, o son tardaría en chegar 18 veces menos polo aceiro que polo aire.

 

A intensidade fai referencia á amplitude da onda de son. É a característica mais sinxela de comprender: relacionase co volumen ao que oímos o son. Canto mais forte vibren as moléculas do medio, mais intensidade de son. Normalmente referímonos a ela empregando unha unidade relacionada coa intensidade de son: o Decibelio [dB].

O tono é a frecuencia de vibración da onda sonora. Mídese en Hertz [Hz], e equivale ao número de oscilacións por segundo. Xa vimos que o noso oído so é capaz de escoitar os sons con tonos comprendidos entre os 20 Hz e os 20 kHz, aínda que por exemplo moitos animais poden escoitar por encima dos nosos límites, os coñecidos como ultrasons e infrasons.

En música, cada nota equivale a unha frecuencia concreta, por exemplo un La son 440 Hz. canto mais alta e a frecuencia mais agudo escoitamos o tono do son.

O timbre é la cualidade do son mais interesante, pero tamén a mais complexa de entender. O son, normalmente, non é unha sola onda a unha frecuencia concreta, sinon que está composto por varias ondas de varias frecuencias distintas, que ao sumalas, fai que escoitemos o son dunha forma moi concreta. A onda principal é coñecida como fundamental, e o resto de ondas acopladas teñen o nome de armónicos. O timbre é o responsable de que distingas a unha persoa solo pola sua voz. Cada un de nós ten un timbre único, independentemente da nota que esté cantando. Por exemplo, unha guitarra tocando un La soa completamente distinta dunha flauta tocando a misma frecuencia exacta. Ísto e debido a que cada instrumento ten uns armónicos distintos, que dotan ao son de color e matices.

PROPIEDADES

 

DIFERENCIA ENTRE SON E RUIDO

A principal diferencia entre o son e o ruido radica nos armónicos de cada un. Xa vimos que os armónicos son as ondas que se suman á fundamental e dotan de matices ao son. En un son, os armónicos seguen un patrón agradable, normalmente con unha distribución de intensidades menor que a fundamental.

Polo contrario, o ruido é algo que nos resulta desagradable. A sua distribución de armónicos é caótica e desordenada, e é complicado distinguir a fundamental do resto de frecuencias.

Hai algo moi de moda últimamente. ¿Nunca te preguntache que é o ruido branco? Non é mais que un son sin onda fundamental. A sua distribución de armónicos é completamente aleatoria.

Por que nos importa moito todo aquelo que queiras comentarnos e cales son os teus coñecementos e experiencias. Pásate polo foro e deixa alí as túas aportacións sobre o tema

Contacta se precisas axuda 
arrow&v